Defensor del Pueblo - Accesibilidad

Inicio > Accesibilidade

ACCESIBILIDADE

O Defensor del Pueblo desenvolveu o seu portal http://www.defensordelpueblo.es para que sexa realmente accesible a todos os cidadáns e garanta o acceso á información sen limitación nin restrición por necesidades especiais nin condicionantes técnicas..

Para conseguir o devandito obxectivo adoptáronse unha serie de medidas que lle ofrecen vantaxes ao cidadán á hora de visitar a nosa páxina. Así, por exemplo, a nosa páxina:

  • Facilita o acceso independentemente da condición física ou de contorno dos usuarios.
  • Permite o acceso con diferentes axentes de usuario.
  • Inclúe contidos claros ben estruturados.
  • Permite unha áxil navegación e intenta mellorar a experiencia do usuario.
  • Para logralo adoptáronse certas medidas:
    • Usar follas de estilo para presentar a información.
    • Inserir texto alternativo nas imaxes.
    • Ofrecer detalles da función ou destino dos hipervínculos
    • Usar os estándares do W3C.
    • Permitir o acceso mediante atallos de teclas ás opcións principais.
    • Cumprir os estándares.
    • Identificar as mudanzas de idioma mediante a etiqueta correspondente para lle facilitar a tarefa a quen navega con lectores de texto.

 

Teclas de acceso:

 

  • i - Inicio
  • m - Mapa Web
  • c - Contacto
  • e - Enlaces de interese
  • 1 - Quen somos
  • 2 - A túa queixa
  • 3 - Os teus dereitos
  • 4 - Atención ao cidadán
  • 5 - Centro de documentación e publicacións
  • 6 - Prensa e axenda
  • 7 - Contratación
  • l - Información legal

 

As combinacións de teclas para usar estes atallos, segundo o navegador, son:

  • Internet Explorer: ALT + "tecla de acceso" + INTRO
  • Firefox: ALT + MAIÚSCULAS + "tecla de acceso"
  • Opera: MAIÚSCULAS + ESC + "tecla de acceso"
  • Konqueror (Linux): Prema e solte a tecla Control e a seguir prema o número ou a letra da tecla de acceso.
  • Netscape 6 e anteriores (todas as plataformas): Non traballan as teclas de acceso; por favor, utilice outro navegador.
  • Opera 8 e posteriores (todas as plataformas): Manteña premida as teclas Shift e Escape e prema o número ou a letra da tecla de acceso.
  • Safari e Omniweb (Mac OS X): Manteña premida a tecla Control e prema o número ou a letra da tecla de acceso.

 

Data de última revisión:

A última revisión sobre o nivel de accesibilidade deste portal foi realizada con data 18/01/2012.


 

Malia todo, se observa ou experimenta algún problema de accesibilidade neste portal, agradeceriámoslle que se puxese en contacto connosco en informatica@defensordelpueblo.es para tratarmos de corrixilo.

Eduardo Dato 31 y Zurbano 42, 28010 Madrid, España | Teléfono: (+34) 91 432 79 00 | Fax: (+34) 91 308 11 58 | registro@defensordelpueblo.es
www.defensordelpueblo.es | Copyright 2010 Defensor del Pueblo | Información legal

Sello de Inspección de Technosite WCAG-WAI Doble A