900 101 025Podes presentar unha queixa, sempre por escrito e asinada, persoalmente na oficina del Defensor, ou ben por correo postal, fax ou a través de Internet, enchendo neste caso o formulario que se atopa dispoñible na sección “Presenta a súa queixa”.
No escrito debe constar necesariamente o nome, apelidos e domicilio de contacto, ademais do relato dos feitos obxecto da queixa, con especificación da Administración ou Administracións implicadas.
En resumo as queixas poden presentarse da forma seguinte:
En persoa:
Directamente na nosa sede da rúa Zurbano 42. 28010 Madrid. De 9 a 14 horas de luns a venres e de 16 a 18 horas de luns a xoves (excepto as tardes do mes de agosto)
Por correo postal:
Envía o teu escrito asinado á seguinte dirección: Zurbano 42. 28010 Madrid.
Por fax:
Envía o teu escrito asinado ó seguinte número: 91 308 11 58
Por Internet:
Enchendo o formulario que temos dispoñible na sección "Presenta a súa Queixa" nesta mesma web.
É conveniente que co escrito de queixa acompáñese unha copia da documentación máis importante relacionada co problema exposto. En todo caso, para dirixirse ó Defensor del Pueblo non é necesaria a asistencia de avogado ou procurador, e todo o procedemento é gratuíto para o cidadán.
Eduardo Dato 31 y Zurbano 42, 28010 Madrid, España | Teléfono: (+34) 91 432 79 00 | Fax: (+34) 91 308 11 58 | registro@defensordelpueblo.es
www.defensordelpueblo.es | Copyright 2010 Defensor del Pueblo | Información legal