Historia - Enrique Múgica Herzog

Inicio > Quen somos > Historia > Biografía

 

Enrique Múgica Herzog

Enrique Múgica Herzog

Defensor del Pueblo dende o día 15 de xuño de 2000, data en que os Plenos do Congreso e do Senado o elixiron para o cargo nunha primeira votación favorable superior ás tres quintas partes dos membros de ambas as dúas Cámaras. O 30 de xuño de 2005, por primeira vez na historia da Institución, foi reelixido como Defensor. Finalizou o seu segundo mandato o 30 de xuño de 2010.

Naceu en San Sebastián en 1932, e é avogado.

Comezou a súa actividade política en 1953. Principal organizador do "Congreso Universitario de Escritores Novos", que tanta influencia tería nos sucesos universitarios de febreiro de 1956 polos que resultou detido e encarcerado durante tres meses. Posteriormente, a súa actividade política antifranquista levaríao de novo ao cárcere ata un total de catro ocasións, totalizando dous anos e medio de prisión e un confinamento. 

Foi Deputado ao Congreso por Guipúscoa en todas as lexislaturas dende a Constituínte, -na que ocupou a Presidencia da Comisión de Defensa e a Vicepresidencia da Comisión Constitucional do Congreso-, sendo reelixido por última vez nas eleccións xerais do ano 2000, na lexislatura do cal deixou o Parlamento ao ser designado Defensor del Pueblo.

Foi nomeado Ministro de Xustiza en 1988, cargo que ocupou ata marzo de 1991. Durante ese período aprobáronse, entre outras leis, a de Demarcación e Planta Xudicial, a de Sociedades Anónimas e as reformas procesuais e penais que deron lugar á creación dos xulgados do penal. 

O 11 de xullo de 1997, o Consello de Ministros aprobou o Real Decreto 1131/97, polo que é nomeado Presidente da Comisión de Investigación das Transaccións de Ouro procedentes do Terceiro Reich, durante a Segunda Guerra Mundial. 

Ademais da súa actividade política, publicou o libro "Itinerario cara á liberdade" e colaborou con frecuencia nos principais diarios españois.