Defensor del Pueblo - Quen somos - Que é

Inicio > Quen somos > Que é

QUEN SOMOS

O artigo 54  da Constitución española establece que unha lei orgánica regulará a institución do Defensor del Pueblo como o alto comisionado das Cortes Xerais, designado por estas para a defensa dos dereitos fundamentais, a cuxo efecto poderá supervisar a actividade das Administracións públicas. En cumprimento deste mandato constitucional promulgouse a Lei Orgánica 3/1981, de 6 de abril, que regula a Institución.


Ó Defensor del Pueblo elíxeno o Congreso dos Deputados e o Senado mediante unha votación, na que se necesita unha maioría de tres quintos, por un período de cinco anos.


O Defensor del Pueblo non está suxeito a mandato imperativo algún, non recibe instrucións de ningunha autoridade, desempeña as súas funcións con autonomía e goza de inviolabilidad e inmunidade durante a súa permanencia no cargo.


O Defensor del Pueblo está auxiliado por unha Adxunta Primeira e unha Adxunta Segunda, nos que pode delegar as súas funcións, e que son nomeados previa conformidade das Cortes Xerais, e que, xunto coa Secretaria Xeral forman a Junta de Coordinación e Régimen Interior, cuxas competencias están definidas no artigo 18 do Regulamento de Organización e Funcionamento.

 

Eduardo Dato 31 y Zurbano 42, 28010 Madrid, España | Teléfono: (+34) 91 432 79 00 | Fax: (+34) 91 308 11 58 | registro@defensordelpueblo.es
www.defensordelpueblo.es | Copyright 2010 Defensor del Pueblo | Información legal

Sello de Inspección de Technosite WCAG-WAI Doble A