Neste apartado relaciónanse os MNP que se foron creando en diversos países tras subscribir os seus Estados o Protocolo Facultativo da "Convención contra a Tortura e outros Tratos ou Penas Crueis, Inhumanos ou Degradantes", adoptado pola Asemblea das Nacións Unidas en Nova York o 18 de decembro de 2002, incluíndo ademais enlaces ás súas correspondentes páxinas web.

MNP in the World

Informes sobre España, legislación y organismos

  • Figuran neste apartado algúns dos organismos e entidades máis significativos que teñen como fin fundamental a prevención e loita contra a tortura e calquera outro trato cruel, inhumano ou degradante, que inclúe á súa vez os correspondentes enlaces aos seus respectivos portais web institucionais.
  • Subcomité para a Prevención da Tortura e outros Tratos Crueis, Inhumanos e Degradantes (SPT)
  • Foi creado polo Protocolo Facultativo á Convención contra a Tortura. Ten a súa sede en Xenebra e leva a cabo habitualmente dous períodos de sesións ao ano. Publica a súa interpretación do contido das disposicións de dereitos humanos en forma de observacións xerais.
  • Comité contra a Tortura (CAT)
  • Creado polo Convenio contra a Tortura e outros Tratos ou Penas Crueis, Inhumanos ou Degradantes. Elabora informes da situación en cada Estado membro e examina en determinadas circunstancias denuncias de particulares e investigacións neste campo. Ten a súa sede en Xenebra.
  • Comité Europeo para a Prevención da Tortura e das Penas ou Tratos Inhumanos ou Degradantes (CPT)
  • reouse en 1987 no marco do Convenio do Consello de Europa para esta materia. A súa actividade forma parte do sistema do Consello de Europa para a protección dos dereitos humanos como mecanismo previsor, que actúa en colaboración co mecanismo xudicial de control que é o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.
  • Asociación para a Prevención da Tortura (APT)
  • É unha organización non gobernamental que traballa no campo dos dereitos humanos e especialmente na loita contra a tortura e outros tratos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes. Tivo unha participación moi activa na promoción do Protocolo Facultativo da Convención contra a Tortura de Nacións Unidas.