O Defensor del Pueblo estuda e responde todas as queixas que recibe.
Como funciona
Como funciona
O Defensor del Pueblo estuda e responde todas as queixas que recibe.
Con cada queixa que recibimos abrimos un expediente. Por iso, unha vez que presentes a queixa, recibirás un xustificante de recepción co número de expediente do teu caso.
Nun breve período de tempo dirémosche se te podemos axudar ou se o problema exposto non entra dentro das nosas competencias.
Se dunha queixa se desprende unha presunta irregularidade, intervimos ante a administración competente para obter información sobre o caso e propoñer solucións.
Durante todo o proceso, manterémoste informado dos avances da investigación e das respostas recibidas da Administración. O tempo de resolución dunha queixa depende da rapidez coa que respondan as administracións. Hai investigacións que se resolven decontado e outras que levan máis tempo.
Unha vez concluída a investigación, comunicarémosche as conclusións correspondentes.
Para obter máis información sobre a túa queixa, podes chamar tamén ao número de teléfono: (+34) 91 432 79 00.