Que é o Defensor del Pueblo?

O Defensor del Pueblo é o Alto Comisionado das Cortes Xerais encargado de defender os dereitos fundamentais e as liberdades públicas dos cidadáns mediante a supervisión da actividade das administracións públicas.

O Defensor del Pueblo é elixido polo Congreso dos Deputados e o Senado, por maioría das tres quintas partes. O seu mandato dura cinco anos e non recibe ordes nin instrucións de ningunha autoridade. Ha desempeñar as súas funcións con independencia e imparcialidade, con autonomía e segundo o seu criterio, e goza de inviolabilidade e inmunidade no exercicio do seu cargo.

Calquera cidadán pode acudir ao Defensor del Pueblo e solicitar a súa intervención, que é gratuíta, para que investigue calquera actuación presuntamente irregular da Administración pública ou dos seus axentes. Tamén pode intervir de oficio en casos que cheguen ao seu coñecemento aínda que non se presentasen queixas sobre eles.

O Defensor del Pueblo dá conta da súa xestión ás Cortes Xerais nun informe anual e pode presentar informes monográficos sobre asuntos que considere graves, urxentes ou que requiran especial atención. Trala ratificación polo Estado español do Protocolo Facultativo da Convención contra a Tortura e outros Tratos ou Penas Crueis, Inhumanas ou Degradantes, adoptado pola Asemblea das Nacións Unidas en Nova York o 18 de decembro de 2002, as Cortes Xerais atribuíron ao Defensor del Pueblo as funcións de Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura (MNP) en novembro de 2009.

O Defensor del Pueblo, na súa condición de MNP, realiza visitas preventivas a calquera centro de privación de liberdade destinadas a detectar problemas que puidesen favorecer a impunidade das prácticas de tortura ou malos tratos. As conclusións destas visitas quedan reflectidas no informe que cada ano presenta ás Cortes Xerais e ao Subcomité para a Prevención da Tortura de Nacións Unidas, con sede en Xenebra.
O Defensor del Pueblo está auxiliado por dous adxuntos, nos que pode delegar as súas funcións

Normativa

Unha lei orgánica regulará a institución do Defensor del Pueblo, como alto comisionado das Cortes Xerais, designado por estas para a defensa dos dereitos comprendidos neste Título, a cuxo efecto poderán supervisar a actividade da Administración, dando conta ás Cortes Xerais. Ler máis

Do 6 de abril do Defensor del Pueblo, modificada pola Lei orgánica 2/1992, do 5 de marzo (BOE núm. 109, do 7 de maio de 1981 e núm. 57, do 6 de marzo de 1992); e Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro (BOE núm. 266, do 4 de novembro de 2009). Ler máis

Aprobado polas Mesas do Congreso e do Senado, por proposta do Defensor del Pueblo, na súa reunión conxunta do 6 de abril de 1983. Modificado polas Resolucións das Mesas do Congreso dos Deputados e do Senado do 21 de abril de 1992, do 26 de setembro de 2000 e do 25 de xaneiro de 2012 (BOE núm. 99, do 24 de abril de 1992; núm. 261, do 31 de outubro de 2000; e núm. 52, do 1 de marzo de 2012). Ler máis

Pola que se regulan as relacións entre a Institución do Defensor del Pueblo e as figuras similares nas distintas comunidades autónomas (BOE núm. 271, do 12 de novembro de 1985).

Do defensor del Pueblo, pola cal os ficheiros de datos persoais son regulados pola institución do Defensor del Pueblo (BOE núm. 166 do 13 de xullo, 2015). Corrección do 27 de outubro de 2015 (BOE núm. 284 do 27 de novembro de 2015, de 112.127 a 112,127 páxinas -1 p.)