En que podemos axudar

Com che podemos axudar

As queixas pódense presentar de maneira individual ou colectiva, cando os cidadáns consideren que a actuación dunha Administración (central, autonómica ou local) ou empresa ou servizo público, vulnerou os seus dereitos.

Os cidadáns tamén poden pedir ao Defensor del Pueblo que interpoña un recurso de inconstitucionalidade ou de amparo ante o Tribunal Constitucional.

Cando non podemos investigar unha queixa por non ter competencias para iso, envíase unha carta ao cidadán explicándolle os motivos. Sempre que sexa posible, facilítase orientación sobre as vías ás que pode acudir.

Non deixamos a ninguén sen unha resposta e sen orientación.

O Defensor del Pueblo vixía calquera vulneración de dereitos e pode actuar de oficio, abrindo actuacións ou consultas sen esperar a que alguén se queixe.

Aínda que o Defensor del Pueblo non pode anular ou modificar os actos nin as resolucións das Administracións Públicas, en caso de que conclúa que se vulneraron dereitos fundamentais, a súa misión é convencer á Administración, para que adopte medidas que permitan corrixir a situación.