O 7 de maio de 1981, o Boletín Oficial del Estado publicou a Lei Orgánica 3/1981 do 6 de abril, do Defensor del Pueblo. As Cortes elixiron ao primeiro Defensor del Pueblo o 28 de decembro de 1982. Actualmente ocupa o cargo Ángel Gabilondo Pujol que tomou posesión do cargo o 18 de novembro de 2021, tras a súa publicación no BOE. O 1 de decembro de 2021 publícase no BOE o nomeamento de Teresa Jiménez Becerril como Adxunta Primeira e de Patricia Bárcena García como Adxunta Segunda do Defensor del Pueblo. No pasado ocuparon o cargo as seguintes personalidades:
O 21 de xullo de 2012 publícase no BOE o nomeamento de Soledad Becerril Bustamante como Defensora del Pueblo. Dous días despois, o 23 de xullo, toma posesión.
O 26 de xullo de 2012 publícase no BOE o nomeamento de Francisco Miguel Fernández Marugán como Adxunto Primeiro e de Concepció Ferrer i Casals como Adxunta Segunda do Defensor del Pueblo.
En 19 de xullo de 2017 rematou o mandato de Soledad Becerril Bustamante. O Adxunto Primeiro, Francisco Miguel Fernández Marugán, ocupa o cargo de Defensor del Pueblo en funcións ata a nomeamento dun novo Defensor del Pueblo.
Historia
É a primeira muller elixida Defensora del Pueblo ó ser aprobado o seu nomeamento polo plenario da Cámara e do Senado o 17 e 18 de xullo de 2012. Asumiu o cargo o 23 dese mesmo mes.
Na súa longa carreira política destaca o feito de ser a primeira ministra da democracia, despois de asumir a carteira de Cultura en 1981.
Durante seis mandatos foi membro do Parlamento: cinco como deputada e un como vicepresidenta do Congreso, e foi senadora noutro mandato. Tamén foi concelleira municipal de Sevilla e en 1995 foi elixida alcaldesa de Sevilla, cargo que ocupou ata 1999.
Soledad Becerril naceu en Madrid o 16 de agosto de 1944. É licenciada en Filosofía e Letras, na rama de Filoloxía Inglesa, pola Universidade Complutense de Madrid. En 1974 co-fundou en Sevilla a revista de información xeral para Andalucía "La Ilustración Regional". Formou parte da Comisión de Redacción do Estatuto de Autonomía de Andalucía.
Soledad Becerril recibiu a Gran Cruz de Carlos III, a Medalla de Andalucía e a Medalla da Cidade de Sevilla, entre outras honras.
O 30 de xuño de 2005, Enrique Múgica Herzog é reelixido como Defensor del Pueblo. O 6 de xullo de 2005 son reelixidos María Luisa Cava de Llano y Carrió, como Adxunta Primeira, e Manuel Aguilar Belda, como adxunto Segundo do Defensor del Pueblo. O 1 de xullo de 2010 finalizou o mandato de Enrique Múgica Herzog. A Adxunta Primeira, María Luisa Cava de Llano, ocupou o cargo de Defensora del Pueblo en funcións ata que Soledad Becerril foi nomeada Defensora del Pueblo o 21 de xullo de 2012.
Historia
Defensor del Pueblo dende o día 15 de xuño de 2000, data en que os Plenos do Congreso e do Senado o elixiron para o cargo nunha primeira votación favorábel superior ás tres quintas partes dos membros de ambas as dúas Cámaras. O 30 de xuño de 2005, por primeira vez na historia da Institución, foi reelixido como Defensor. Finalizou o seu segundo mandato o 30 de xuño de 2010.
Naceu en San Sebastián en 1932 e é avogado.
Comezou a súa actividade política en 1953. Principal organizador do "Congreso Universitario de Escritores Novos", que tanta influencia tería nos sucesos universitarios de febreiro de 1956 polos que resultou detido e encarcerado durante tres meses. Posteriormente, a súa actividade política antifranquista levaríao de novo ao cárcere ata un total de catro ocasións, totalizando dous anos e medio de prisión e un confinamento.
Foi Deputado ao Congreso por Guipúscoa en todas as lexislaturas dende a Constituínte -na que ocupou a Presidencia da Comisión de Defensa e a Vicepresidencia da Comisión Constitucional do Congreso-, sendo reelixido por última vez nas eleccións xerais do ano 2000, na lexislatura do cal deixou o Parlamento ao ser designado Defensor del Pueblo.
Foi nomeado Ministro de Xustiza en 1988, cargo que ocupou ata marzo de 1991. Durante ese período aprobáronse, entre outras leis, a de Demarcación e Planta Xudicial, a de Sociedades Anónimas e as reformas procesuais e penais que deron lugar á creación dos xulgados do penal.
O 11 de xullo de 1997, o Consello de Ministros aprobou o Real Decreto 1131/97, polo que é nomeado Presidente da Comisión de Investigación das Transaccións de Ouro procedentes do Terceiro Reich, durante a Segunda Guerra Mundial.
Ademais da súa actividade política, publicou o libro "Itinerario hacia la libertad" e colaborou con frecuencia nos principais xornais españois.
O 15 de xuño de 2000 publícase o nomeamento de Enrique Múgica Herzog como Defensor del Pueblo. O 23 de xuño de 2000 publícanse os nomeamentos de María Luisa Cava de Llano y Carrió como Adxunta Primeira e de Manuel Aguilar Belda como Adxunto Segundo do Defensor del Pueblo.
Historia
Defensor del Pueblo dende o día 15 de xuño de 2000, data en que os Plenos do Congreso e do Senado o elixiron para o cargo nunha primeira votación favorábel superior ás tres quintas partes dos membros de ambas as dúas Cámaras. O 30 de xuño de 2005, por primeira vez na historia da Institución, foi reelixido como Defensor. Finalizou o seu segundo mandato o 30 de xuño de 2010.
Naceu en San Sebastián en 1932 e é avogado.
Comezou a súa actividade política en 1953. Principal organizador do "Congreso Universitario de Escritores Novos", que tanta influencia tería nos sucesos universitarios de febreiro de 1956 polos que resultou detido e encarcerado durante tres meses. Posteriormente, a súa actividade política antifranquista levaríao de novo ao cárcere ata un total de catro ocasións, totalizando dous anos e medio de prisión e un confinamento.
Foi Deputado ao Congreso por Guipúscoa en todas as lexislaturas dende a Constituínte -na que ocupou a Presidencia da Comisión de Defensa e a Vicepresidencia da Comisión Constitucional do Congreso-, sendo reelixido por última vez nas eleccións xerais do ano 2000, na lexislatura do cal deixou o Parlamento ao ser designado Defensor del Pueblo.
Foi nomeado Ministro de Xustiza en 1988, cargo que ocupou ata marzo de 1991. Durante ese período aprobáronse, entre outras leis, a de Demarcación e Planta Xudicial, a de Sociedades Anónimas e as reformas procesuais e penais que deron lugar á creación dos xulgados do penal.
O 11 de xullo de 1997, o Consello de Ministros aprobou o Real Decreto 1131/97, polo que é nomeado Presidente da Comisión de Investigación das Transaccións de Ouro procedentes do Terceiro Reich, durante a Segunda Guerra Mundial.
Ademais da súa actividade política, publicou o libro "Itinerario hacia la libertad" e colaborou con frecuencia nos principais xornais españois.
O 1 de decembro de 1994 publícase o nomeamento de Fernando Álvarez de Miranda y Torres como Defensor del Pueblo.
O 2 de decembro de 1994 publícanse os nomeamentos o de Margarita Retuerto Buades como Adxunta Primeira e de Antonio Rovira Viñas como Adxunto Segundo do Defensor del Pueblo. O 23 de outubro de 1996 publícase o nomeamento de Antonio Rovira Viñas como Adxunto Primeiro e Antonio Uribarri Murillo como Adxunto Segundo, tralo cesamento de Margarita Retuerto Buades.
Historia
Defensor del Pueblo de decembro de 1994 a decembro de 1999.
Naceu en Santander en 1924. Avogado. Foi profesor de Dereito Procesual da Facultade de Dereito da Universidade Complutense de Madrid. Autor dos libros “Al servicio de la democracia” (1979) e “Del contubernio al consenso” (1985). Doutor honoris causa pola Universidade Miguel Hernández de Elxe (1999).
Nos anos sesenta participou activamente no Movemento Europeo (foi presidente do seu Consello Federal Español e vicepresidente do Comité Executivo Internacional). Foi membro do Consello Privado do Conde de Barcelona (1964). Sufriu cárcere e desterro durante o franquismo polo seu compromiso político (en 1962 asistiu ao Congreso do Movemento Europeo, coñecido polas autoridades da ditadura como “contubernio de Munich”).
Fundou o Partido Popular Democrático Cristián, en 1976, integrante da Unión de Centro Democrático, polo que foi Deputado por Palencia en dúas lexislaturas. En 1977 foi elixido Presidente do Congreso dos Deputados, durante cuxo mandato se aprobou a Constitución de 1978.
Foi Embaixador de España na República do Salvador, de 1986 a 1989. En 1990 foi designado Conselleiro de Estado electivo. En 1992 foi nomeado titular do Comité de Expertos da Unión Europea para o Programa Plurianual de Dereitos Humanos en Centroamérica. É Senador Honorario de Europa.
O 16 de marzo de 1988 publícase o nomeamento de Álvaro Gil-Robles e Gil-Delgado como Defensor del Pueblo. O 23 de marzo de 1988 publicáronse os nomeamentos de Margarita Retuerto Buades como Adxunta Primeira e de Soledad Mestre García como Adxunta Segunda do Defensor del Pueblo. O 13 de decembro de 1990 publícase o nomeamento de Antonio Rovira Viñas como Adxunto Segundo, tralo cesamento de Soledad Mestre García. O 16 de marzo de 1993 finalizou o mandato de Álvaro Gil-Robles. A Adxunta Primeira, Margarita Retuerto asumiu o cargo de Defensora del Pueblo en funcións ata que o 1 de decembro de 1994 foi publicado o nomeamento de Fernando Álvarez de Miranda e Torres como novo Defensor del Pueblo.
Historia
Defensor del Pueblo de marzo de 1988 a marzo de 1993.
Naceu en Lisboa en 1944. Doutor en Dereito. Profesor de Dereito Administrativo na Universidade Complutense de Madrid. Foi asesor do Tribunal Constitucional (1980-1983), presidente do Foro para a Integración Social dos Inmigrantes (1995-1999) e presidente da Comisión Española de Axuda aos Refuxiados (CEAR) (1998).
A súa vinculación ao Defensor del Pueblo é anterior á implantación desta Institución en España, á que contribuíu decisivamente na redacción da súa proposición de Lei. Desempeñou o cargo de Adxunto Primeiro no primeiro mandato. É autor, entre outras moitas publicacións, do “El Defensor del Pueblo (comentarios en torno a una proposición de ley orgánica)” (1979), “El Ombudsman para España” (1981), “El control parlamentario de la Administración” (dúas edicións progresivamente ampliadas: 1976 e 1981) e “Los nuevos límites de la tutela judicial efectiva” (1996). É Comisario de Dereitos Humanos do Consello de Europa desde 1999.
O 30 de decembro de 1982 publícase o nomeamento de Joaquín Ruiz-Giménez Cortés como Defensor del Pueblo. O 21 de abril de 1983 publícanse os nomeamentos de Álvaro Gil-Robles e Gil-Delgado como Adxunto Primeiro e de Margarita Retuerto Buades como Adxunta Segunda do Defensor del Pueblo.
Historia
Doutor en Dereito, Profesor de Filosofía do Dereito na Universidade Complutense de Madrid.
Foi presidente da Organización Internacional de Estudantes Pax Romana (1939-1946). Embaixador no Vaticano (1948-1951) e Ministro de Educación Nacional (1951-1956). Foi nomeado por Xoán XXIII experto en cuestións sociais, xurídicas e políticas e participou nos traballos das Comisións do Concilio Vaticano II. Pablo VI nomeouno membro do Consilium de Laicis da Sé Apostólica (1967-1972). Presidente da Comisión Nacional Española de Xustiza e Paz (1971-1975). Presidente do Comité Español de UNICEF (1988-2001).
É autor dos libros, entre outros, “La concepción institucional del Derecho” (1944), “Introducción a la Filosofía Jurídica” (1958), “La Propiedad”(1961), “Del ser de España” (1962) e “El Concilio y los derechos del hombre” (1968). Foi fundador e Presidente do consello editorial da revista Cuadernos para el Diálogo (1963-1977).