Como presentar unha queixa

Como presentar unha queixa

Describe de forma clara e sinxela o teu problema e o nome da administración coa que non estás de acordo. Inclúe o teu nome, apelidos e enderezo electrónico. Tamén resulta útil achegar calquera documentación adicional que teñas sobre a túa queixa.

Dirixirse ao Defensor del Pueblo non ten ningún custo para o cidadán e para presentar a túa queixa non necesitas avogado nin procurador.

Podes presentar a túa queixa:

Como chegar: Metro: Rubén Darío – Liña 5 / Autobuses 40 e 147. Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e de luns a xoves de 16:00 a 18:00 horas

  • Por fax: Remitindo un escrito asinado ao +34 91 308 11 58
  • Por correo ordinario: Remitindo un escrito asinado a: Oficina del Defensor del Pueblo, C/ Zurbano, 42 -28010 Madrid.

Información telefónica: +34 91 432 79 00

Para queixas urxentes existe un servizo de garda 24 h (+34 91 432 79 00) e un teléfono gratuíto de información xeral (900 101 025)

localización Defensor del Pueblo mapa