Dereitos dos nenos e adolescentes

Os dereitos dos nenos e adolescentes

A dignidade da persoa esixe o recoñecemento e o respecto dos dereitos fundamentais. Dereitos que, por seren inherentes á nosa condición de seres humanos, son inviolábeis e por iso constitúen o fundamento da orde política que establece a Constitución de 1978, norma suprema do noso país.

Nenos e adolescentes son titulares destes mesmos dereitos e destinatarios dunha especial protección. Isto está recoñecido na nosa Constitución e na Convención sobre os Dereitos do Neno.

Os nenos e adolescentes son titulares deses mesmos dereitos e destinatarios dunha especial protección. Así o recoñece a nosa Constitución (artigo 39 Constitución española).

En 1989 foi aprobada a Convención de Dereitos do Neno e en 1990 entrou en vigor. Grazas á Convención, os nenos son agora suxeitos de dereitos e non só obxecto de protección. A Convención considera que os nenos non son meros proxectos de futuro senón que son persoas con plenos dereitos, valiosas en si mesmas e en cada unha das etapas do seu crecemento e maduración.

Esta formulación supón unha transformación do enfoque tradicional que atribúe aos nenos o papel de receptores pasivos do coidado protector dos adultos para recoñecelos como protagonistas activos, con dereito a participar nas decisións que afectan ás súas vidas.

Deste xeito, a Convención obriga ao noso Dereito e ao noso modelo de protección da infancia a dar un xiro -que se vai acadando paso a paso- para que as decisións dirixidas a protexer aos nenos non se adopten “por” e “para” os nenos pero “sen contar” cos nenos.

Os Tratados Internacionais ratificados por España incorpóranse ao noso Dereito como normas internas obrigatorias con rango de lei, polo que os dereitos que recoñece a Convención son vinculantes e obrigatorios e deben ser respectados e cumpridos por todos, especialmente polos poderes públicos.

De todos os dereitos que recoñece a Convención, cómpre destacar os que o Comité de Dereitos do Neno proclamou como principios reitores que deben orientar a aplicación e interpretación do resto de dereitos. Son o principio de non discriminación (artigo 2); o principio do interese superior do neno (artigo 3.1); o dereito á vida, á supervivencia e ao desenvolvemento (artigo 6); e o respecto á opinión do neno en todos os asuntos que lle afecten (artigo 12).

O Comité de Dereitos do Neno é un órgano creado pola Convención, formado por expertos independentes, que vixía e supervisa que os Estados respecten e garantan os dereitos do neno.