Política de Privacidade

1. QUEN É O RESPONSÁBEL DO TRATAMENTO DOS DATOS PERSOAIS?

Segundo o establecido na normativa vixente, informámolo de que os datos persoais que poida facilitar durante o seu uso da web www.defensordelpueblo.es (de aquí en diante, “a Web”) serán tratados en calidade de Responsábel do tratamento polo DEFENSOR DEL PUEBLO, con sede na rúa Zurbano, 42, 28010, Madrid, conforme ao establecido tanto na normativa de protección de datos vixente como na Instrución do Defensor del Pueblo do 20 de maio de 2015 (BOE de 13 de xullo de 2015), na que se establece o procedemento para que os cidadáns poidan obter gratuitamente información sobre os seus datos e igualmente proceder a exercer os seus dereitos sobre estes.

Poderá pórse en contacto co Delegado de Protección de Datos do DEFENSOR DEL PUEBLO a través do correo electrónico: dpo@defensordelpueblo.es
.

2. ESTÁ OBRIGADO A FACILITAR DATOS PERSOAIS?

A visita á Web non implica que o usuario estea obrigado a facilitar ningunha información sobre si mesmo. Porén, o uso dalgúns dos servizos dispoñíbeis na Web depende de que se enchan formularios de información persoal.

Os datos que se soliciten nos diferentes formularios da Web son os necesarios para prestar os servizos solicitados. A negativa a proporcionar os datos sinalados como necesarios pode supor a imposibilidade de prestar axeitadamente os devanditos servizos. Do mesmo xeito, poderá facilitar datos de modo voluntario co obxectivo de que poidan prestarse estes servizos de modo óptimo.

Igualmente, determinadas funcionalidades da web dependen de que vostede autorice o tratamento dos seus datos persoais.

3. CON QUE FINALIDADE E DURANTE CANTO TEMPO TRATARÁ O DEFENSOR DEL PUEBLO OS DATOS PERSOAIS DO USUARIO?

Os datos persoais que facilite para a prestación dos distintos servizos postos á súa disposición a través do sitio web serán tratados polo DEFENSOR DEL PUEBLO conforme ás seguintes finalidades:

  • No caso da TÚA QUEIXA (https://www.defensordelpueblo.es/tu-queja/01-description/), a finalidade é o rexistro da queixa do usuario para solicitar axuda para a defensa dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas
  • No caso de CONSULTA A TÚA QUEIXA (https://www.defensordelpueblo.es/area-privada/ ), a finalidade é xestionar o acceso á área privada dos usuarios
  • No caso de SOLICITA AS CLAVES DE ACCESO (https://www.defensordelpueblo.es/area-privada/solicita-claves-acceso/ ), a finalidade é o rexistro dos usuarios para poder facer un seguimento detallado da súa queixa
  • No caso de que escriba a algún correo de contacto facilitado, a finalidade será a contestación á solicitude realizada
  • No caso de SUBSCRICIÓN AO BOLETÍN DE NOVIDADES, a finalidade será o envío do noso boletín ao correo electrónico indicado
  • No caso de SERVIZOS DE ATENCIÓN TELEFÓNICA, as chamadas realizadas ao servizo de Atención ao Cliente do DEFENSOR DEL PUEBLO pódense gravar por motivos de calidade do servizo, e as finalidades, dependendo da solicitude realizada polo cidadán, coincidirán coas finalidades expresadas anteriormente

Igualmente, informámolo de que determinadas funcionalidades da web dependen do uso de RASTROS, polo que, no caso de que non denegase a posibilidade do seu uso, procederase ao tratamento de determinada información relacionada co seu uso da Web. Pode ver as condicións para o seu uso na “Política de rastros”.

No momento de solicitar calquera dos servizos ou facer uso das funcionalidades indicadas, ofreceráselle información máis detallada sobre os tratamentos concretos

4. DURANTE CANTO TEMPO TRATARÁ O DEFENSOR DEL PUEBLO OS DATOS PERSOAIS?

Os datos do Usuario conservaranse mentres sexan necesarios para a defensa dos dereitos fundamentais e as liberdades públicas, e, unha vez finalizada a devandita prestación, os seus datos conservaranse durante os prazos legalmente esixidos para as posíbeis responsabilidades derivadas do servizo prestado.

No caso da gravación de chamadas telefónicas por motivos de calidade, o tempo máximo de conservación será de seis meses.

5. QUE CATEGORÍAS DE DATOS DO USUARIO TRATARÁ O DEFENSOR DEL PUEBLO?

Os datos persoais necesarios para a prestación dos diferentes servizos dispoñíbeis na Web serán os indicados no correspondente formulario habilitado para tal efecto.

6.CAL É A LEXITIMACIÓN DO TRATAMENTO DOS DATOS DO USUARIO?

O tratamento dos datos do Usuario por parte do DEFENSOR DEL PUEBLO ampárase na solicitude por parte do Usuario dos servizos postos á súa disposición a través da Web ou, no seu caso, no consentimento que se lle solicite para finalidades determinadas e que poderá retirar en calquera momento. Porén, no caso de revogar o seu consentimento, isto non afectará á licitude dos tratamentos efectuados con anterioridade.

7. A QUE DESTINATARIOS SE COMUNICARÁN OS DATOS DO USUARIO?

Os datos persoais facilitados polo Usuario non se comunicarán a terceiros, agás cando sexa necesario para a defensa dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas ou cando o usuario aceptase expresamente a súa comunicación.

No caso da presentación de queixas, os seus datos poderíanse comunicar a outras administracións públicas españolas competentes, así como a outros comisionados, autonómicos e estranxeiros, o que podería incorrer nunha transferencia internacional dos datos aos países competentes sobre a súa solicitude.

8. QUE RESPONSABILIDADE TEN O USUARIO?

O Usuario será responsábel de que os datos que facilita ao DEFENSOR DEL PUEBLO sexan verdadeiros, exactos, completos e actualizados.
Para estes efectos, o Usuario responderá da veracidade de todos os datos que comunique e deberá manter debidamente actualizada a información facilitada, de tal xeito que responda á súa situación real.

Igualmente, será responsábel das informacións falsas ou inexactas que proporcione a través do Sitio Web e dos danos e prexuízos, directos ou indirectos, que isto orixine ao DEFENSOR DEL PUEBLO ou a terceiros.

9. QUE DEREITOS TEN O USUARIO?

O Usuario pode enviar un escrito ó enderezo do DEFENSOR DEL PUEBLO ou a través do correo electrónico dpo@defensordelpueblo.es, coa referencia “Protección de datos”, achegando fotocopia do seu documento de identidade, en calquera momento e de xeito gratuíto, para:

  • Revogar os consentimentos outorgados
  • Acceder aos seus datos persoais
  • Rectificar os datos inexactos ou incompletos
  • Solicitar a supresión dos seus datos cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que se recolleron
  • Obter do DEFENSOR DEL PUEBLO a limitación do tratamento dos datos cando se cumpra algunha das condicións previstas na normativa de protección de datos
  • Solicitar a portabilidade dos seus datos
  • Reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es) cando o interesado considere que o DEFENSOR DEL PUEBLO vulnerou os dereitos que lle son recoñecidos pola normativa aplicábel relativa á protección de datos.

10. É SEGURO FACILITAR DATOS PERSOAIS?

O DEFENSOR DEL PUEBLO tratará os datos do Usuario en todo momento de conformidade co previsto na normativa de aplicación, adoptando para o efecto as medidas de natureza técnica e organizativa necesarias que garantan a seguridade dos seus datos e eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos aos que están expostos.

11. PODE CAMBIAR A POLÍTICA DE PRIVACIDADE?

O DEFENSOR DEL PUEBLO resérvase o dereito de modificar a presente Política de Privacidade co fin de adaptala ás novidades lexislativas que foren procedentes. Nos devanditos supostos, anunciará no Sitio Web os cambios introducidos cunha antelación razoábel á da súa posta en práctica.

Última actualización: 7 de xuño de 2018