Condicións xerais de uso do portal
Os usuarios deberán ler as presentes Condiciones xerais de uso desta páxina web. O uso ou acceso a este sitio implica o coñecemento e a plena aceptación das advertencias legais e condicións que a seguir se especifican.
Tamén, a utilización de determinados servizos á disposición dos usuarios deste sitio oficial pode estar sometida a condicións especiais, advertencias ou instrucións que tamén deberán ser consultadas e aceptadas sen reservas por eles.
A web www.defensordelpueblo.es foi creada, é mantida e é propiedade do Defensor del Pueblo, cuxo enderezo, onde poderán dirixirse os usuarios, é:
- Defensor del Pueblo
- Calle Zurbano 42
- 28010 Madrid
- ESPAÑA
A utilización do sitio oficial do Defensor del Pueblo realízase con carácter gratuíto.
O acceso a determinados servizos está supeditado ao rexistro do usuario nas bases de datos do Defensor del Pueblo.
A oficina do Defensor del Pueblo reserva o dereito de denegar o acceso a este sitio web a aqueles usuarios que incumpran as presentes Condicións xerais de uso.
O Defensor del Pueblo autoriza a descarga gratuíta dos contidos incluídos no Portal, salvo que se indique o contrario de forma expresa no propio Portal, e quedará expresamente prohibida calquera alteración ou manipulación destes.
A información, a presentación e os servizos que ofrece este sitio poden someterse a cambios periódicos ou puntuais, susceptibles de seren efectuados libremente polo Defensor del Pueblo sen que estea obrigado a comunicárllelo aos usuarios.
Dereitos de propiedade intelectual e industrial
O nome do dominio «defensordelpueblo.es» e todos aqueles que sirvan para acceder de forma directa ao presente sitio oficial son de titularidade exclusiva do Defensor del Pueblo, así como os dereitos de propiedade intelectual, o seu deseño e os códigos que contén, a no ser que se indique unha titularidade diferente.
A súa indebida utilización suporía unha infracción dos dereitos conferidos polo seu rexistro e será perseguido polos medios previstos na lei.
Os contidos, textos, fotografías, deseños, logotipos, imaxes, sons, vídeos, animacións, gravacións, códigos fonte e, en xeral, calquera creación intelectual existente neste sitio oficial, están protexidos como dereitos de autor pola lexislación en materia de propiedade intelectual.
O usuario queda expresamente autorizado polo Defensor del Pueblo para visualizar, imprimir, copiar ou almacenar os contidos protexidos (textos, imaxes, gráficos e material multimedia), sempre que se isto efectúe para fins persoais e privados do usuario, sen finalidade comercial ou de distribución e sen modificar nin alterar os devanditos dereitos e contidos.
Hiperligazóns
No sitio web do Defensor do Pobo, o usuario poderá encontrar diversas hiperligazóns que o conducirán a páxinas web de terceiros. A súa única finalidade é a de facilitar o acceso a outras fontes de información en Internet relacionadas con esta organización e a súa introdución neste sitio web está inspirada no respecto dos dereitos de propiedade intelectual que, de ser o caso, poidan corresponder aos seus autores.
O establecemento da hiperligazón non implica en ningún caso a existencia de relacións entre o Defensor del Pueblo e o propietario da páxina web onde se estableza, nin a aceptación nin aprobación por parte do Defensor del Pueblo dos seus contidos ou servizos.
Polo tanto, non se declarará nin se dará a entender que o Defensor del Pueblo autorizou expresamente a hiperligazón nin que supervisou ou asumiu de calquera forma os servizos ofrecidos ou postos á disposición na páxina web desde a que se establece a hiperligazón.
O Defensor del Pueblo non se responsabiliza de ningunha maneira nin garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade de contidos ou servizos que o establecemento da hiperligazón poida ofrecer. O usuario asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puidesen derivar do acceso á páxina web da hiperligazón.
A páxina web onde se estableza a hiperligazón non conterá información con contido ilícito, contrario á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados e á orde pública, así como tampouco conterá contidos contrarios a calquera dereito de terceiros.
Os sitios vinculados non están relacionados, salvo indicación, co Defensor del Pueblo, quen non se fai responsable dos contidos aos cales se acceda mediante as referidas ligazóns, nin as modificacións que se leven a cabo nestes, nin o uso que de daqueles se realice, nin da dispoñibilidade técnica deles.
En calquera caso, o Defensor del Pueblo, en concordancia coas súas normas de hiperligazóns, comprométese a facer o posible por evitar a existencia no seu sitio web de ligazóns a sitios de contido ilegal, que promovan actividades ilícitas, racistas, xenófobos e, en xeral, susceptibles de atentar contra os principios de liberdade e de dignidade humana ou vulneren os valores e dereitos recoñecidos pola Constitución española e pola Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Política de cookies
As cookies son ficheiros que se descargan no dispositivo do cidadán que accede a unha páxina web. Estes ficheiros permiten almacenar e recuperar información do usuario ou do seu dispositivo, para mellorar a súa navegación. Son instaladas durante a navegación, quer polo sitio web visitado, quer por terceiros relacionados con este.
Información sobre cookies utilizadas no portal do Defensor del Pueblo:
-
- Seguridade: para o funcionamento do sitio e da infraestrutura técnica que o sustenta. Cookie propia de sesión TS01e3086e
- Google Analytics: ferramenta que axuda o sitio web do Defensor del Pueblo a recordar e medir o que fixo un usuario nas nosas páxinas. Cookie de terceiros e de sesión _ga, _gat
- Google Maps: para rexistrar a orixe do usuario, así como as palabras clave. Cookies de terceiros e de sesión _NID e _PREF
En ningún caso as cookies da web do Defensor del Pueblo acceden a información do disco do dispositivo do usuario, nin a cookies doutros fornecedores.
O cidadán pode restrinxir, bloquear ou borrar as cookies do Defensor del Pueblo utilizando o seu navegador; pode facelo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no seu ordenador. Máis información en:
Dereito aplicable e xurisdicción competente
As presentes Condicións xerais de uso réxense polas leis españolas. Calquera disputa con respecto ao sitio web do Defensor del Pueblo substanciarase perante a xurisdición española.
Para resolver calquera conflito que puider xurdir con ocasión da visita ao portal ou do uso dos servizos que alí se ofertan, o Defensor del Pueblo e a persoa usuaria acordan someterse aos xuíces e tribunais do domicilio desta última, sempre que estea situado en territorio español.