Declaración de Accesibilidade

Accesibilidade

O Defensor do Pobo comprometeuse a tornar accesible o seu sitio web, de conformidade co Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público, polo que se traspón a Directiva (UE) 2016/2102 do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de outubro de 2016.

A presente declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web https://www.defensordelpueblo.es e exclúense os contidos publicados que proceden doutros dominios.

Situación de cumprimento

Este sitio web está parcialmente conforme co Real decreto 1112/2018, debido á falta de conformidade dos aspectos que se indican a seguir.

Contido inaccesible

O contido que se recolle a seguir non está accesible polo seguinte:

  1. Falta de conformidade co Real decreto 1112/2018
    • Algunhas imaxes non están etiquetadas ou teñen unha alternativa textual xenérica (requisito número 9.1.1.1 da norma UNE-EN 301549:2022 contido non textual).
    • Nalgúns elementos, pode existir falta de información ou relacións existentes (requisito número 9.1.3.1 da norma UNE-EN 301549-2022 información e relacións).
    • Nalgunhas páxinas, poden existir elementos que non permitan o reaxuste do seu contido (requisito número 9.1.4.10 da norma UNE-EN 301549-2022 reaxuste do texto).
    • Poden existir algúns elementos que non se poidan percorrer ou interactuar co teclado (requisito número 9.2.1.1 da norma UNE-EN 301549-2022 teclado).
    • Nalgunhas páxinas pode haber atributos e ID duplicados (requisito número 9.4.1.1 da norma UNE-EN 301549:2022 procesamento).
    • Nalgunhas páxinas as compoñentes de interface de usuario como elementos de formulario, ligazóns e compoñentes xeradas por script non seguen a estrutura recomendada polas pautas de accesibilidade (requisito número 9.4.1.2 da norma UNE-EN 301549:2022 Nome, función, valor).
    • Nalgunhas páxinas as mensaxes de estado poderían non estar determinadas mediante programación a través de funcións ou propiedades (requisito número 9.4.1.3 da norma UNE-EN 301549:2022 mensaxes de estado).
    • Mapas con información xeolocalizada. Estamos traballando para proporcionar os datos publicados de maneira accesible.
  2. Carga desproporcionada

    Non aplica.

  3. O contido que non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable
    • Poden existir ficheiros de ofimática en PDF e outros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade. Aínda que se procurou que a maioría deles si que o cumpran.
    • Pode haber contidos de terceiros que non estean desenvolvidos polo Defensor do Pobo e que non estean baixo o noso control, como por exemplo, ficheiros ofimáticos.

Preparación da presente declaración de accesibilidade

A presente declaración preparouse o 18 de novembro de 2020. 

Última revisión da declaración: 19 de setembro de 2022. O método utilizado para revisar a declaración foi unha avaliación levada a cabo pola empresa Taller de Ideas para Red S.L.

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade [artigo 10.2.a) do RD 1112/2018] como, por exemplo:

  • Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web.
  • Transmitir outras dificultades de acceso ao contido.
  • Formular calquera outra consulta ou suxestións de mellora relativa á accesibilidade do sitio web a través do seguinte formulario de contacto ou chamando ao teléfono 914327946 das 9 ás 14 horas de luns a venres

Pode presentar:

  • Unha queixa relativa ao cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018
  • Unha solicitude de información accesible relativa a:
    • Contidos que están excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018, de conformidade co establecido polo artigo 3, apartado 4.
    • Contidos que están exentos do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impor unha carga desproporcionada.

Na solicitude de información accesible, débense concretar, con total claridade, os feitos, razóns e petición que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.

Dita solicitude pode ser presentada a través do seguinte formulario de contacto, así como do resto de opcións recollidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas.

Procedemento de aplicación

Se, unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa, esta fose desestimada, non se estivese de acordo coa decisión adoptada, ou a resposta non cumprise cos requisitos contemplados no artigo 12.5, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Igualmente poderase iniciar unha reclamación no caso de que transcorrese o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.

A reclamación pode ser presentada través de registro@defensordelpueblo.es, así como no resto de opcións recollidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas.

As comunicacións, queixas e solicitudes de información accesible serán recibidas e tratadas pola Unidade de Accesibilidade e Transformación Dixitais do Defensor do Pobo.

Contido opcional

O portal institucional permite ao usuario escoller o tamaño do texto (normal/grande/+grande) que lle conveña. Ademais, ofrécese a posibilidade de activar a lapela «+ACCESIBLE», localizada no lateral superior esquerdo, que permite as seguintes posibilidades de interacción accesible:

  • Navegación con teclado
  • Comandos de voz
  • Navegación con sons
  • Navegación sinxela con botóns
  • Navegación con premedor
  • Navegación para visión reducida
  • Optimizado para axudas externas
  • Navegación sinxela con texto grande

O sitio web está deseñado coa técnica de deseño responsive ou adaptativo, co que se visualiza de forma óptima desde ordenadores de escritorio a tabletas e móbiles.