Estrutura

A institución do Defensor del Pueblo como alto comisionado das Cortes Xerais para a defensa dos dereitos constitucionais está constituída polo titular da institución, elixido polo Congreso dos Deputados e polo Senado; o adxunto primeiro e a adxunta segunda, designados polo defensor, previa conformidade das Cortes Xerais; o secretario xeral, nomeado libremente polo defensor (funcionario público); e o persoal ao servizo da institución.

O Defensor del Pueblo posúe o seu propio persoal, seleccionado libremente por este conforme os principios de mérito e capacidade; procúrase dar prioridade aos funcionarios públicos (artigo 31.3 do Reglamento de Organización y Funcionamiento del Defensor del Pueblo, aprobado polas Mesas do Congreso dos Deputados e do Senado).

O persoal ao servizo do Defensor del Pueblo para 2026 está composto de 186 persoas.

Na institución presta os seus servizos persoal doutros organismos públicos: a seguridade e custodia das sedes estalle encomendada ao Corpo Nacional de Policía, e os vehículos oficiais contan con condutores do Parque Móbil do Estado.

Carta organizativa completa

Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.

Podes consultar a nosa política de cookies nas Condicións de uso da web