Declaración de Accesibilidade

Accesibilidade

Política de accesibilidade

O Defensor do Pobo comprometeuse a facer accesible o seu sitio web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público, ou desenvolvementos financiados dende Europa.

A presente declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web https://www.defensordelpueblo.es excluíndo os contidos incrustados procedentes doutros dominios.

Situación de cumprimento

Este sitio web é Parcialmente conforme co RD 1112/2018 debido á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polos seguintes motivos:

  1. Falta de conformidade:
    • Nos formularios pode haber campos que foi posible cumprir a través de sistemas automáticos – Requisito 9.1.3.5 Identificar o propósito da entrada UNE-EN 301549:2022
    • Poden existir algunhas ligazóns que non amosan o seu foco – Requisito número 9.2.4.7 Foco visible de UNE-EN 301549:2020
    • No se respectan todos os criterios das normas WCAG 2.1 – Requisito número 9.6 Requisitos de conformidade das Pautas WCAG de UNE-EN 301549:2022
    • Poderían existir fallos puntuais de edición nalgunha páxina web.
  2. Carga desproporcionada

    Non resulta aplicable.

  3. O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable.

Poderían existir arquivos ofimáticos en PDF ou outros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non respecten na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade.

Pode haber contidos de terceiros que non se desenvolveron nesta Unidade, ni baixo o seu control, como arquivos ofimáticos de diferentes organismos que deban publicarse neste sitio.

Preparación da presente declaración de accesibilidade

A presente declaración foi preparada o 05/08/2025.

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación externa levada a cabo pola empresa Tu Web Accesible. Última revisión da declaración: 05/08/2025.

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade [artigo 10.2.a) do RD 1112/2018] como, por exemplo:

  • Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web.
  • Transmitir outras dificultades de acceso ao contido.
  • Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web a través do seguinte formulario de contacto ou chamando ao teléfono 914327946 de 9 a 14 horas de luns a venres.

Pode presentar:

  • Unha queixa relativa ao cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018
  • Unha solicitude de información accesible relativa a:
    • Contidos que están excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018 segundo o artigo 3, apartado 4.
    • Contidos que están exentos do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impor unha carga desproporcionada.

Na solicitude de información accesible, débese concretar, con toda claridade, os feitos, as razóns e a petición que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.

A devandita solicitude pode presentarse a través do seguinte formulario de contacto, así como do resto de opcións recollidas na Lei 39/ 2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Procedemento de aplicación

SSe unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa, esta tivese sido desestimada, non se estivese de acordo coa decisión adoptada, ou a resposta non respectase os requisitos do artigo 12.5, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Igualmente poderase iniciar unha reclamación no caso de que transcorrese o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.

A reclamación pode presentarse a través de registro@defensordelpueblo.es, así como no resto de opcións recollidas na Lei 39/ 2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As comunicacións, queixas e solicitudes de información accesible serán recibidas e tratadas pola Unidade de Accesibilidade e Transformación Dixitais do Defensor do Pobo.

Contido opcional

O portal institucional permite ao usuario elixir o tamaño do texto (normal/grande/+grande) que lle conveña. Ademais, ofrécese a posibilidade de activar o botón de «Opcións accesibilidade», situado no lateral superior esquerdo, que permite outras posibilidades de interacción accesible: bloqueo de pestanexos, lupa, letra lexible, descrición de imaxes, resaltar ligazóns, axustar cores e contrastes, axustar o tamaño da fonte, etc.

O sitio web está deseñado coa técnica de deseño responsive ou adaptativo, co que se visualiza de forma óptima desde ordenadores de escritorio a tabletas e móbiles.