O usuario queda informado de que os datos de carácter persoal facilitados serán tratados pola unidade de apoio ás vítimas, sendo a finalidade do devandito tratamento a elaboración dun informe sobre as denuncias por abusos sexuais no ámbito da Igrexa católica e o papel dos poderes públicos. A elaboración deste informe foi encomendada ao Defensor del Pueblo polo Congreso dos Deputados o 25 de febreiro de 2022 e aprobada no Congreso dos Deputados o 10 de marzo de 2022.
O Defensor del Pueblo adoptou as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a confidencialidade, seguridade e integridade dos datos persoais facilitados, así como para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizados.
Os datos persoais conservaranse durante a elaboración do informe e, como máximo, durante o prazo de prescrición das accións legais correspondentes, agás que o interesado autorice o seu tratamento por un prazo superior. En todo caso, o Defensor del Pueblo resérvase o dereito a conservar os datos dos usuarios nos casos en que iso fose necesario para dar cumprimento ás obrigas e responsabilidades impostas polas leis ou normas de obrigado cumprimento ou cando fose requirido para iso por mandato de autoridade competente conforme a dereito.
O usuario ten dereito, na medida en que resulten de aplicación, a exercitar os seus dereitos, poñéndose en contacto co Defensor del Pueblo para:
- Revogar os consentimentos outorgados ou opoñerse ao tratamento dos seus datos persoais amparados no interese lexítimo do Defensor del Pueblo.
- Obter confirmación sobre se no Defensor del Pueblo se están a tratar datos persoais que lle atinxen ou non.
- Acceder aos seus datos persoais.
- Rectificar os datos inexactos ou incompletos.
- Solicitar a supresión dos seus datos cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos.
- Obter do Defensor del Pueblo a limitación do tratamento dos datos cando se cumpra algunha das condicións previstas na normativa de protección de datos.
- Solicitar a portabilidade dos seus datos.
- Presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, como autoridade de control.
Poderá poñerse en contacto co Delegado de Protección de Datos do Defensor del Pueblo a través do correo electrónico dpo@defensordelpueblo.es. O exercicio dos dereitos do usuario poderá verse limitado cando non sexa compatible co cumprimento dos deberes públicos encomendados, de acordo á lexislación aplicable.
Consulta o Rexistro de actividades de tratamento de datos persoais (ficheiro Excel en castelán)